publicidade hoxe

A Xunta celebra unha xornada técnica para informar ás empresas sobre a licitación das 100 novas concesións de transporte público de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Xunta celebrou hoxe unha xornada técnica para informar ás empresas sobre a licitación dos contratos das 100 novas concesións de transporte público interurbano.

O secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Joaquín Macho; o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro; e o subdirector xeral de Planificación Técnica de Transporte, Héctor Presas, detallaron hoxe as características destes contratos na xornada que tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago.

Neste encontro as empresas do sector tiveron a oportunidade de coñecer máis en profundidade os criterios de adxudicación dos contratos aos que poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 3 de maio.

O Goberno galego iniciou a semana pasada o proceso de licitación destes contratos que conteñen case 2.000 liñas de autobús que percorrerán 28,5 millóns de quilómetros cada ano empregando máis de 1.000 autobuses.

Os novos servizos entrarán en funcionamento en agosto e o seu ámbito territorial é practicamente toda a provincia de Ourense (29 dos 100 contratos); gran parte da de Lugo (26), aproximadamente a metade da de Pontevedra (27) e determinadas zonas da provincia da Coruña (14).

A renovación do mapa de transporte público autonómico completarase cos contratos que se someterán a información pública o vindeiro mes de xuño co obxectivo de que empecen a prestarse os servizos en decembro.

10 de abril de 2019 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.