publicidade hoxe

A Xunta achega o exemplo de mulleres galegas senlleiras a centro educativos co proxecto ‘NIN + NIN -, IGUAIS’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMoraña
A-
A+

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu esta mañá a un encontro co alumnado CPI Santa Lucía, en Moraña, dentro do proxecto NIN + NIN -, IGUAIS que busca achegar o exemplo de mulleres galegas senlleiras aos centros educativos. Este proxecto busca reverter a crenza de que existen traballos “masculinos” e facer comprender que os estereotipos baseados no xénero son conceptos artificiais. Á cita tamén acudiu a alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro.

A actividade dirixiuse ao alumnado de entre primeiro e cuarto da ESO, de 12 a 16 anos. Os mozos e as mozas escoitaron a experiencia de Alicia Estévez Toranzo, licenciada en Bioloxía e Farmacia e Catedrática de Microbioloxía da USC dende 1991. Estévez relatou como promoveu unha decena de patentes de vacinas e procedementos de diagnose de enfermidades de peixes.

Ademais, Estévez tamén é a vicepresidenta da Real Academia Galega de Ciencias e membro da Academia de Farmacia de Galicia e do Consello da Cultura Galega, postos e experiencias que fixo chegar o alumnado do centro.

A discriminación da muller, explicaron as poñentes, vívese en moitos ámbitos, pero principalmente no laboral, onde a fenda salarial ou o teito de cristal son os obstáculos máis comúns que atopan as profesionais que queren triunfar na súa carreira profesional.

24 de abril de 2019 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.