publicidade hoxe

A Policía Autonómica esclarece un incendio en San Cristovo de Cea

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Ourense veñen de esclarecer o incendio que deu comezo o pasado 1 de abril na parroquia de Vales, no concello de San Cristovo de Cea.

Os axentes tomaron declaración a un varón como presunto autor do incendio forestal. O lume produciuse cando o investigado realizaba unha queima de restos forestais nunha finca da súa propiedade cando estaban suspendidas as autorizacións para calquera queima. Arderon 0,23 hectáreas de superficie arborada. Do actuado, remitíronse dilixencias ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda do Carballiño (Ourense):

Na actual campaña contra os incendios forestais do 2019, un total de 26 persoas foron investigadas pola Policía da Xunta de Galicia, como presuntas autoras de incendios forestais.

3 de abril de 2019 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.