publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Valentín García acompaña á escritora Rosalía Morlán no seu nomeamento como Madriña da Poesía

Valentín García xunto a Rosalía Morlán

Valentín García xunto a Rosalía Morlán

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou hoxe ao mediodía á escritora Rosalía Morlán Vieites (Trazo, A Coruña, 1959), gañadora do XXXIII Concurso Internacional de Poesía Hernán Esquío, no seu acto de nomeamento como Madriña da Poesía do CPR Plurilingüe Divino Maestro de Santiago.

A autora deu ao prelo recentemente a obra infantil O dragón Antón e o sapo Rosendo (2019), o quinto dos títulos que integran a súa produción literaria, logo de A coitada lúa (2010), Estrelas de azucre (2012), O libro do mundo dos soños (2013) e Nas rúas de Compostela (2016).

21 de marzo de 2019 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.