publicidade hoxe

O Sergas publica as listas provisionais de persoas admitidas e a oferta de destinos do concurso de traslado aberto e permanente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade á relación provisional de persoas admitidas e excluídas e á oferta de destinos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2019 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario. En total, resultaron admitidos 3.468 profesionais. A categoría con maior número de aspirantes admitidos é a de enfermería, con 1550 solicitudes.

As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Concurso de traslados. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/Expedient-e/Sección de procesos.

Coa publicación desta resolución, ábrese un prazo de dez días hábiles contados a partir de mañá, día 29 de marzo, para que as persoas interesadas poidan corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión, mediante solicitude que deberán dirixir á unidade de validación á que tivesen dirixido a solicitude de participación no concurso.

Nesta mesma resolución tamén se abre un prazo de 15 días naturais (entre o 29 de marzo e o 12 de abril, ambos inclusive) para poder realizar as modificacións que se estimen oportunas na selección inicial de destinos (engadir novos destinos, eliminar destinos seleccionados inicialmente, modificar a orde de preferencia dos destinos solicitados). No caso de que a solicitude se garde sen ningún destino seleccionado, esta excluirase do ciclo de adxudicación en curso. No caso de realizar varias modificacións, sempre se tomará como válida a última presentada por rexistro electrónico. Se non se desexa realizar ningunha modificación na selección inicial, non se terá que realizar ningunha operación por parte dos participantes.

As modificacións que se realicen deben asinarse electronicamente con certificado dixital e non requirirán a entrega de documentación adicional.

A oferta de destinos correspondente a este ciclo estará dispoñible en Fides/expedient-e, no formulario de inscrición no proceso, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde.

28 de marzo de 2019 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.