publicidade hoxe

O DOG publica a aprobación definitiva do proxecto de execución dunha senda na estrada AC-116, entre Cruceiro e Lago, nos concellos de Narón e Valdoviño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaNarónValdoviño
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción dun itinerario peonil e ciclista na estrada AC-116, entre Cruceiro e Lago, ao seu paso polos concellos de Narón e Valdoviño.

Esta intervención do departamento de Infraestruturas da Xunta destina un investimento duns 865.000 á execución dun itinerario peonil seguro e accesible nesta estrada, entre os puntos quilométricos 6+500 e 10+400. Neste enlace pode consultarse a información.

A actuación ten por obxecto a execución dunha senda para conectar co paseo que bordea a Lagoa da Frouxeira e que chega ata o núcleo de Atios, permitindo a conexión peonil ao longo de toda a estrada AC-116, no municipio de Valdoviño.

Executarase unha senda pola marxe dereita da estrada que sumará 3,2 km, permitindo completar un itinerario peonil continuo entre as travesías de Cruceiro, no Concello de Narón, e Lago, situado no de Valdoviño.

Desde este punto, a AC-116 ten xa beirarrúas ata o seu final, polo que coas sendas previstas quedará conectado o paseo da lagoa de Frouxeira, que parte da travesía de Lago, tanto desde Narón como desde Valdoviño.

Ademais reformarase a intersección existente no acceso á lagoa de Frouxeira, eliminando parcialmente o carril central de espera para xirar á esquerda, para executar un paso de peóns e dar prioridade á circulación peonil. Os vehículos poderán xirar na glorieta existente a 300 metros, no p.q. 12+360. A obra compleméntase coa construción das instalacións necesarias para garantir a drenaxe axeitada.

4 de marzo de 2019 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.