publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Rural celebra o Día dos Bosques cunha prantación de árbores con escolares no monte Carboeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal Portada
A-
A+

Con motivo do Día Internacional dos Bosques, a Consellería do Medio Rural organizou un acto no monte Carboeiro (A Laracha) para escolares no que participaron o director xeral de Ordenación e Planificación Forestal, José Luis Chan, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o alcalde da Laracha, José Manuel López.

O evento consistiu nunha celebración con medio centenar de nenos do colexio público de Caión. Os estudantes de infantil e primaria desprazáronse ao monte Carboeiro, en Soandres, onde recibiron unha charla divulgativa sobre o labor dos servizos forestais, a cargo do traballadores do distrito forestal II, Bergantiños Mariñas Coruñesas.

A continuación procedeuse á plantación de árbores, xa acompañados polos responsables da Xunta, que destacaron a importancia deste tipo de actos para fomentar a cultura e a educación forestal que redunda no coidado futuro dos nosos montes. O medio centenar de rapaces plantaron uns 60 castiñeiros, seis carballos e seis bidueiros. Na xornada, participou tamén persoal do servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais, facendo unha demostración de como actúan en caso de producirse un lume forestal.

Precisamente este ano o Día Internacional dos Bosques está dedicado á educación como un paso crucial de cara á súa conservación e ten como lema ‘Aprende a amar os bosques’, unha filosofía pola que aposta a Consellería do Medio Rural como clave para ordenar e apostar por un monte eficiente e sustentable.

Por iso, este departamento autonómico organiza un amplo programa de actividades de difusión e de concienciación social en varios concellos, tendo aos escolares como protagonistas. Charlas, rutas guiadas e plantacións de árbores son as actividades máis repetidas estes días para conmemorar o coñecido popularmente como Día da Árbore.

21 de marzo de 2019 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.