publicidade hoxe

Declarada como medida preventiva a situación 2 no incendio forestal activo nos municipios de Dodro e Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDodroLocal PortadaPortada esquerdaRianxoSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural vén de declarar como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo arestora nos concellos coruñeses de Dodro e Rianxo. Esta situación operativa de emerxencia declárase por proximidade do lume ao núcleo de Meiquiz, na parroquia rianxeira de Leiro.

Este incendio iniciouse onte ás 20,09 h. na parroquia de San Xoán de Laíño, en Dodro, e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 550 hectáreas. Esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada. No seu control traballan 1 técnico, 18 axentes, 15 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 4 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

26 de marzo de 2019 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.