publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Carballo acolle unha sesión informativa da Xunta sobre as axudas do bono eléctrico galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

Carballo acollerá mañá, xoves 7 de marzo, ás 19 horas no edificio 4 do Fórum (na praza dos Bombeiros voluntarios s/n), unha das xornadas incluídas na campaña informativa impulsada pola Xunta para facilitar aos consumidores máis vulnerables a tramitación do bono social eléctrico e da axuda complementaria impulsada pola Administración autonómica, que permite asumir o pagamento do 100% da factura, e que garante así mesmo que non van sufrir ningún corte no servizo.

Esta iniciativa inclúe encontros en diferentes localidades para asesorar tanto á cidadanía como aos técnicos dos servizos sociais municipais e das asociacións de consumidores, ademais de ao persoal de Cáritas e Cruz Vermella, que colaboran coa Xunta neste eido. Nestas xuntanzas achégase tamén información sobre como aforrar na factura eléctrica, revisando o tipo de contrato e a potencia contratada, e valorando a discriminación horaria. Ademais, o Instituto Galego do Consumo e da Competencia conta co teléfono gratuíto 900 231 123 para atender as consultas dos consumidores.

Tal e como se informará mañá no encontro, o bono social do Estado supón unha bonificación do 25% ou do 40% no recibo de luz. Galicia foi a primeira comunidade en ofrecer axudas complementarias, e así, a Xunta cobre o 50% do pagamento da factura eléctrica dos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social e garante ao mesmo tempo que non van sufrir ningún corte no servizo.

Este complemento, cunha contía máxima anual de 300 ou 450 euros -no caso de familias numerosas- permite que os beneficiarios poidan asumir o pagamento de ata o 100% da factura, xa que outro 10% asúmeo o propio sistema eléctrico. Esta axuda compleméntase co protocolo de colaboración asinado coas comercializadoras de referencia para evitar o corte de subministración entre os consumidores más vulnerables.

6 de marzo de 2019 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.