publicidade hoxe

Ángeles Vázquez destaca o papel do IGVS como aliado para mellorar a sustentabilidade, innovación e calidade na edificación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Reunión coa xunta directiva da AECCTI

Reunión coa xunta directiva da AECCTI

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, puxo en valor o traballo do Instituto Galego de Vivenda e Solo para mellorar a sostibilidade, innovación e calidade na edificación. Ángeles Vázquez mantivo hoxe unha reunión coa xunta directiva da Asociación de Empresas de Control de Calidade e Control Técnico Independente (AECCTI), onde destacou que o IGVS ten entre os seus cometidos o estudo de novas tecnoloxías aplicadas á construción de vivenda, así como a inspección e control da calidade da edificación.

O obxectivo é mellorar cada día a edificación galega, polo que colabora na elaboración de estratexias, políticas e medidas en materia de sostibilidade, innovación e calidade da edificación e a coordinación entre as administracións e axentes de edificacións, ao tempo que promove a adaptación regulamentaria en materia de edificación ás decisións, recomendacións e orientacións que fixa a Unión Europea.

Salientou o traballo realizado ao longo destes anos coa elaboración de normativas de habitabilidade, co fin de adaptala ás novidades e tendencias nas tecnoloxías da construción, e a organización de cursos, dirixidos aos técnicos co fin de informalos e actualizar os seus coñecementos.

27 de marzo de 2019 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.