publicidade hoxe

Ángeles Vázquez apela á concienciación, implicación e acción das empresas para reducir as 2,4 toneladas de residuos industriais producidas en Galicia cada ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraPontevedraPortada esquerda
A-
A+
Ángeles Vázquez na visita a Pontevedra

Ángeles Vázquez na visita a Pontevedra

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou a necesidade de que as empresas galegas se impliquen, actúen e activen a súa conciencia ambiental para avanzar no camiño da redución de residuos industrias que anualmente se producen en Galicia, 2,4 toneladas. A conselleira de Medio Ambiente -xunto coa conselleira do Mar, Rosa Quintana- visitou as instalacións de Numarsi, unha empresa dedicada á elaboración e procesado de peixe, onde engadiu que o compromiso activo da empresas é un instrumento imprescindible para afrontar a loita contra o cambio climático e os retos ambientais do século XXI.

Destacou que a implantación dun novo modelo máis sostible, facendo especial fincapé na prevención e na valorización dos residuos, permitirá á Comunidade a acadar os obxectivos que establece o Plan de Xestión de Residuos Industriais (PRIGA 2016-2022), o cal forma parte da estratexia global do Goberno galego en materia de residuos.

Vázquez Mejuto recordou que o seu departamento traballa noutras normativas e ferramentas relativas a esta materia, como a nova Lei de Residuos e Solos Contaminados, que fomentará a prevención e a reutilización dos residuos e intensificará a loita contra os plásticos, fixando como meta concreta reducir nun 15% os residuos producidos en 2025, fronte ao 10% da lei básica estatal.

Apuntou que este mesmo ano se aprobará a Estratexia Galega de Economía Circular, que fomentará a eficiencia enerxética e a optimización dos recursos, así como a conversión dos residuos en novas materias primas co fin de prolongar o ciclo vital dos produtos. Ambas iniciativas completaranse coa Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050, que contará co primeiro Plan Operativo desta Estratexia para o período 2019-2023.

Ángeles Vázquez salientou que é preciso o apoio e a implicación da sociedade e do sector produtivo para avanzar neste camiño, que a Administración non pode percorrer en solitario; polo que puxo en valor as novas instalacións de Numarsi, que apostaron pola innovación tecnolóxica, camiñando cara ao respecto e a protección do medio ambiente, reducindo a pegada ambiental e avanzando cara os principios que impulsan a economía circular.

20 de marzo de 2019 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.