publicidade hoxe

Almuiña resalta que “a nova atención primaria é unha prioridade para a Xunta e hai que seguir a traballar para que este nivel asistencial siga a ser o mellor valorado pola cidadanía”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaGalicia exteriorPortada esquerda
A-
A+
O conselleiro de Sanidade nas xornadas en Madrid

O conselleiro de Sanidade nas xornadas en Madrid

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, interveu hoxe pola mañá nun coloquio en Madrid, no marco das II Xornadas de Atención Primaria organizadas polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Médicos. Neste foro, o máximo responsable da sanidade pública galega expuso o seu modelo para a atención primaria que “imos pechar nunha semana ou dez días, e onde temos recollidas accións a curto, medio e longo prazo, e delas, ao redor dun 40%, son a curto prazo”.

Almuiña remarcou que, para a Xunta de Galicia, “a nova atención primaria é unha prioridade e imos seguir a traballar nos próximos meses para ter resultados o antes posible, posto que a atención primaria é o servizo mellor valorado pola cidadanía e queremos que o siga a ser nos vindeiros anos”.

Neste coloquio, celebrado na sede da Organización Médica Colexial, tamén participaron, xunto co conselleiro de Sanidade do Goberno galego, o secretario xeral de Sanidade e Consumo do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social; Faustino Blanco; así como José María Vergeles, conselleiro de Sanidade e Políticas Sociais de Extremadura; María Martín, conselleira de Saúde do Goberno da Rioxa; e Nekane Murga, conselleira de Saúde do Goberno Vasco.

28 de marzo de 2019 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.