publicidade hoxe

Alerta de fortes ventos na Mariña lucense e no noroeste da provincia da Coruña que poden acadar refachos de 100 Km/h

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou a alerta laranxa por ventos na Mariña de Lugo e na noroeste da provincia da Coruña

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das 11 horas de hoxe espéranse ventos con refachos que poden acadar os 100 km/h na Mariña de Lugo e no noroeste da provincia da Coruña.

Ademais, recoméndase manterse permanentemente informado e aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

6 de marzo de 2019 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.