publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Aberto ata o próximo 11 de abril o prazo de solicitude do Programa Principia para a atracción e retención do talento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO PorriñoPortada dereita
A-
A+

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey Vilar, visitou a empresa porriñesa Petia dedicada ao desenvolvemento de novos produtos e servizos aplicados á saúde animal das mascotas, que conta co apoio do programa autonómico Principia para impulsar a contratación de persoal para a realización de actividades de I+D+i en compañías e organismos de investigación.

O prazo de solicitude para optar ás axudas desta iniciativa, coas que se favorece a contratación de persoas durante un período mínimo dun ano, está aberto ata o próximo 11 de abril. O que pretende esta iniciativa é fomentar a incorporación, atracción e retención de talento en Galicia e a capacitación integral das persoas especializadas en I+D+i que reforce a absorción do coñecemento e a empregabilidade e dinamice a capacidade do sistema innovador galego.

A directora de Gain, que coñeceu o traballo que desenvolve a compañía, destacou a importancia que a empresa outorga á I+D+i, á que destina o 10% do seu investimento, e a relevancia do grupo empresarial ao que pertence, Zendal, que leva 25 anos dedicado á investigación, desenvolvemento, fabricación e comercialización de produtos de alto valor engadido no ámbito da saúde, especialmente vacinas. De feito, o grupo Zendal, que é un dos líderes europeos na fabricación de vacinas, está formado por seis empresas e emprega a 250 persoas.

Argerey, ademais, coñeceu o proxecto que ten o grupo para a creación dunha incubadora propia no ámbito da biotecnoloxía, co obxectivo de fomentar a transferencia de tecnoloxía, o emprendemento e a atracción de investimento neste sector para Galicia.

20 de marzo de 2019 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.