publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta publica no DOG as axudas a cinco entidades xuvenís de Lugo para o desenvolvemento de proxectos para a mocidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoLugoPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Política Social vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución das axudas do programa Iniciativa Xove, que na provincia de Lugo suman 21.600 euros en achegas e benefician a cinco entidades xuvenís.

As contías de cada axuda individual oscilan entre os 5.000 euros e os 3.100 euros, e están destinadas a sufragar actividades de ocio e tempo libre dirixidas á mocidade. As entidades beneficiarias son a Asociación Xuvenil Tir na N’Og, a Asociación Síndrome de Down Lugo, Cáritas Diocesana de Lugo, a Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo e a Asociación Cultural Xaquedrum.

Enténdense por iniciativas xuvenís os proxectos liderados pola mocidade galega e nos cales as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, a través da participación activa na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas.

A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

21 de marzo de 2019 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.