publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta licita as obras de mellora da estrada entre Ponte Caldelas e Laxoso por un investimento de 650.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPonte Caldelas
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licita hoxe a través da plataforma de contratos de Galicia as obras de mellora na estrada PO-234, entre Ponte Caldelas e Laxoso, por un investimento de preto de 650.000 euros.

As empresas interesadas na realización desta actuación, cun prazo de execución duns 8 meses, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 1 de abril.

O proxecto prevé a actuación no tramo de 2,16 quilómetros máis próximo á cidade de Pontevedra, que discorre polo Concello de Ponte Caldelas, desde o final da travesía de Ponte Caldelas, no punto quilométrico 0+420, ata a entrada da travesía de Laxoso, no punto quilométrico 2+580.

Esta actuación define a ampliación da calzada, que actualmente ten entre 5 e 5,5 metros, ata acadar un ancho de 7 metros, e pequenas rectificacións de trazado. Ademais executaranse cunetas tendidas de seguridade nos tramos nos que se precisen, aproximadamente nuns 1,6 quilómetros da estrada.

A mellora da seguridade viaria da estrada PO-234 foi dividida en tres fases. A primeira xa foi executada entre Aguasantas e Portasouto, no termo municipal de Cerdedo-Cotobade.

6 de marzo de 2019 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.