publicidade hoxe

A Xunta lembra que o Concello de Vigo xa ten encomendadas as competencias na limpeza e conservación do río Lagares a través do Plan Hidrolóxico Nacional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaVigo
A-
A+

A Xunta lembra que o Concello de Vigo xa ten encomendadas as competencias na limpeza e conservación do río Lagares a través do Plan Hidrolóxico Nacional.

Así, o artigo 28.4 da Lei 10/2001, de 5 de xullo, do Plan Hidrolóxico Nacional que son de responsabilidade municipal as actuacións en caudais públicos situados en zonas urbanas. A sentenza nº 1962/2017 de 13 de decembro do Tribunal Supremo, referendou posteriormente este aspecto.

O Goberno galego trasladoulle esta información á administración local de Vigo o pasado mes de novembro, recollendo referencias expresas á normativa que fixa como unha responsabilidade dos concellos actuar nos treitos urbanos dos ríos, así como en todas as infraestruturas das marxes que sexan da súa titularidade.

Coa fin de facilitar o correcto exercicio destas competencias por parte das entidades locais, o Goberno galego puxo á disposición dos concellos o pasado mes de xaneiro unha ferramenta que, a través do visor xeográfico de Augas de Galicia, permite delimitar os treitos urbanos cuxo mantemento deben asumir.

Ademais publicou no Diario Oficial de Galicia unha instrución que establece o procedemento para a limpeza e conservación dos case 15.000 quilómetros de ríos existentes na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa. A responsabilidade municipal se limita á limpeza e conservación dos treitos urbanos, que suman, en total, 300 quilómetros.

Ademais de ter a responsabilidade de conservar o treito urbano do río, o Concello de Vigo ten capacidade legal para acometer actuacións de mantemento no resto do curso.

Doutra banda, o Concello de Vigo é tamén responsable legal de velar por que non se produzan verteduras indebidas ao río Lagares.

26 de marzo de 2019 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.