publicidade hoxe

A Xunta inicia as obras de ampliación na travesía de Vilarrodís, no polígono empresarial de Sabón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaArteixoLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inicia hoxe as obras de ampliación da calzada nun tramo da travesía de Vilarrodís, á altura do polígono de Sabón, licitadas por máis de 1,1 millón de euros. Os traballos foron adxudicados á empresa construtora Arias Infraestruturas S.A.

Esta intervención permitirá incrementar a capacidade e mellorar a fluidez do tráfico no parque empresarial do Concello de Arteixo e dispón dun prazo de execución de 6 meses a contar desde o inicio da mesma.

Esta actuación na travesía da estrada A Coruña – Cee (AC-552), ten por obxecto a ampliación da calzada no vial de titularidade da Xunta, no treito entre os puntos quilométricos 9+000 e 9+650, situado á altura do Polígono de Sabón.

A actuación iniciase no punto quilométrico 8+850, antes da intersección coa rúa Teresa De Calcuta, e finaliza no 9+760, na intersección coa rúa Reconquista, antes da glorieta coa Avenida da Ponte. Os traballos consistirán na ampliación da plataforma da vía pola súa marxe dereita para dotar á estrada en sentido Fisterra dun segundo carril mais a correspondente beiravía ou zona de aparcamento.

Para mellorar a seguridade viaria e a fluidez do tráfico na intersección coa travesía da Groufa proxéctase nese cruce unha glorieta que terá un diámetro exterior 36 m.

A obra compleméntase coa instalación dos elementos necesarios para garantir a drenaxe axeitada, de muros para contención de terras e reducir a ocupación nas parcelas colindantes e co traslado e acondicionamento das dúas paradas de bus existentes, executando unha beirarrúa desde os puntos nos que se sitúan ata os pasos de peóns máis próximos.

6 de marzo de 2019 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.