publicidade hoxe

A Xunta está a tramitar unha nova convocatoria para cubrir prazas de secretarios, interventores e tesoureiros nos concellos galegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández- Tapias, indicou hoxe que o Goberno galego está a tramitar unha nova convocatoria da bolsa de interinos destinada a cubrir os postos vacantes de interventores, tesoureiros e secretarios que existan nos concellos galegos.

Marta Fernández-Tapias compareceu hoxe na Comisión 1ª da Cámara galega onde explicou que debido á necesidade de dar cobertura destes postos aos concellos galegos estase a traballar para ampliar a lista actual con todas aquelas persoas que superen as probas tipo test e o curso de formación q se convocará más próximas semanas.

Desta maneira, os concellos interesados poderán antes do verán solicitar voluntariamente a cobertura dos postos que teñan vacantes a través deste procedemento, xa que mediante a creación desta bolsa de interinos, facilitase que as entidades locais poidan cubrir estas vacantes de forma áxil e eficaz, sen que os concellos teñan que soportar o custe económico que supón a realización dun proceso selectivo e con respecto absoluto á súa autonomía local.

Os concellos poderán continuar dirixíndose á Xunta a través do portal de servizos web Eido Local. A Administración autonómica, pola súa banda, iniciará o proceso de chamamento dos candidatos tendo en conta a orde de prelación de bolsas e a través dun procedemento que garante os principios de publicidade, igualdade, mérito e capacidade.

28 de marzo de 2019 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.