publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta declara festa de interese turístico de Galicia o San Brais de Bembrive, en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaVigo
A-
A+

O Consello da Xunta aprobou hoxe a declaración de catro novas festas de interese turístico de Galicia que acreditaron a súa antigüidade, singularidade, arraigamento e valor cultural. Trátase da Semana Santa de Lugo, a Festa da Romaxe das Cruces, en Ribadeo; a Feira do Poldro e Gando do Monte das Muras, no municipio de Muras; e o San Brais de Bembrive, en Vigo.

A aprobación ten lugar, precisamente, cando se está a tramitar a orde de axudas para este tipo de celebracións, que este ano duplicará a súa partida ata superar os 600.000 euros. Así, as festas poderán obter unha axuda por parte do Goberno autonómico de ata 6.000 euros, o dobre que antes. Isto é posible grazas á colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que asinaron un acordo no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Neste sentido, as axudas irán destinadas, por unha banda, ao apoio, promoción e difusión dos eventos e, por outra, ao impulso da campaña Agresión off, eu digo non á violencia sexual de información e sensibilización para combater actitudes machistas nos festexos.

Ademais, a Consellería de Cultura e Turismo conta cun convenio coa entidade financeira Abanca, polo que cada celebración pode acceder a unha axuda adicional de 1.500 euros.

Con estes novos recoñecementos, aprobados no Consello da Xunta, despois da valoración favorable por parte do Consello Galego de Turismo que tivo lugar o pasado mes de decembro, a Comunidade conta xa con 145 festas declaradas de interese turístico. Destas, 11 están declaradas festas de interese turístico internacional, a máxima distinción; 10 teñen recoñecemento nacional e as 124 restantes contan coa declaración no ámbito autonómico.

San Brais de Bembrive

Vigo acolle desde hai máis de 350 anos a que está considerada como unha das festas máis populares de Galicia: o San Brais de Bembrive. Trátase dunha festividade de transmisión interxeracional na que, cada 3 de febreiro, se xuntan devotos do Santo, así como da música ou da gastronomía. Entre os elementos que definen esta festa destaca a romaría, o rito de poñer unha vela ao Santo para conservar a gorxa, desfrutar do viño nos furanchos ou comer a cachucha do porco. É de salientar tamén a tradición musical na zona con grupos de acordeóns, corais, tunas, folk, baile rexional, pandeireteiras e gaitas.

28 de marzo de 2019 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.