publicidade hoxe

A Xunta crea un grupo de traballo co comité de empresa e os sindicatos para avaliar a situación de Poligal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe en Santiago unha xuntanza co comité de empresa de Poligal na que lle trasladou aos traballadores o apoio da Xunta, comprometéndose a seguir velando polo cumprimento dos seus dereitos. Neste senso, acordaron crear un grupo de traballo técnico no que participen a Xunta, o comité de empresa e os sindicatos.

A Administración autonómica, como autoridade laboral, mantén un diálogo permanente cos traballadores e a empresa téndose posto en contacto tanto cos representantes sindicais como coa dirección da compañía para coñecer en todo momento en que punto se atopa o proceso.

Conde transmitiulle aos empregados que a Xunta seguirá polo miúdo a decisión do Xulgado, despois de que a empresa presentara o concurso de acredores, e intermediará no que sexa preciso no ámbito das súas competencias. O titular de Economía, Emprego e Industria insistiu en que a Xunta está ao lado dos traballadores e traballadoras mantendo un diálogo permanente e poñéndose a súa disposición como autoridade laboral para velar polo cumprimento dos seus dereitos conforme á legalidade vixente.

7 de marzo de 2019 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.