publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta adxudica a redacción do novo proxecto da estación intermodal da Coruña por un investimento de 291.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a redacción do novo proxecto construtivo da terminal de autobuses integrada na estación intermodal da Coruña.

Este contrato foi adxudicado á Consultora de Ingeniería y Empresa S.L. (CIESA) por un investimento de máis de 291.000 euros.

O proxecto, incluído o aparcadoiro, suporá un investimento autonómico duns 19 millóns de euros.

O Executivo autonómico financiará esta actuación con fondos propios da Comunidade Autónoma, tal e como recollen os orzamentos da Xunta para 2019.

O Goberno galego traballa coa previsión de realizar este ano o novo deseño para dispor en 2020 do proxecto construtivo que permita iniciar a tramitación urbanística para a continuación licitar as obras da nova estación intermodal.

A estación intermodal facilitará o intercambio áxil e seguro entre os distintos modos de transporte nesta cidade e potenciará o uso do transporte público.

8 de marzo de 2019 | 12:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.