publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policía Autonómica esclarece un incendio en Xunqueira de Ambía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseSucesosXunqueira de Ambía
A-
A+

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Ourense veñen de esclarecer un incendio no concello ourensán de Xunqueira de Ambía.

Axentes do Grupo de Incendios da Sede Provincial de Ourense, procederon a tomar declaración como investigado a un varón, como presunto autor dun incendio ocorrido o pasado día 26 de febreiro e que afectou a unha superficie de monte raso de 0,05 hectáreas.

O incendio foi orixinado por mor dunha queima de restos forestais que o investigado realizou na súa finca, sen adoitar as medidas de seguridade preceptivas para a realización deste tipo de queimas. Segundo os investigadores, este lume, puido orixinar un segundo incendio moi próximo, que afectou a 5,3 Hectáreas, das cales 2 hectáreas de monte arborado e 3,3 hectáreas de superficie rasa nese mesmo concello.

As dilixencias por tales feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda, de Ourense. No que vai de ano, un total de 12 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de lumes.

6 de marzo de 2019 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.