publicidade hoxe

A Policía Autonómica esclarece un incendio en Ponteareas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPonteareasPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Vigo veñen de esclarecer un incendio no concello de Ponteareas.

Os axentes procederon a tomar declaración como investigada a unha muller como presunta autora dun incendio ocorrido o pasado 27 de febreiro, na parroquia de Santiago de Oliveira. O lume, que afectou un terreo forestal arborado de 0,15 hectáreas, orixinouse por mor dunha queima de restos forestais, realizada sen gardar as debidas medidas de precaución.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ponteareas. No que vai de ano, un total de 12 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de lumes.

7 de marzo de 2019 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.