publicidade hoxe

A Policía Autonómica esclarece un incendio en Guitiriz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitirizLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Lugo veñen de esclarecer un incendio no concello lucense de Guitiriz.

Os axentes procederon a tomar declaración como investigado a un varón como presunto autor dun incendio ocorrido o pasado 15 de febreiro, na parroquia das Negradas. O lume, que afectou unha superficie rasa de 0,28 hectáreas, orixinouse por mor dunha queima de restos agrícolas, realizada sen gardar as debidas medidas de precaución, o que resultou na propagación do lume a un monte veciñal.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Vilalba. No que vai de ano, un total de 10 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de lumes.

4 de marzo de 2019 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.