publicidade hoxe

Un colexio de Ourense e un instituto do Barco de Valdeorras gañan o concurso do cartel da campaña da Xunta para o 8-M

carteis-ganadores-campana-xunta-8-m

Carteis gañadores

A Xunta resolveu a convocatoria do concurso do deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller – 8M-, e no que participou alumnado de 5º e 6º de primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e de Bacharelato, cun total de 117 centros educativos de Galicia.

O obxecto do concurso foi fomentar a promoción da igualdade dentro dos centros educativos galegos, a través dunha acción que visibilice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e a orixe da discriminación de xénero, así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos.

Os carteis gañadores do alumando de 5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º ESO, foron o Colexio Santo Ángel de Ourense, o CEIP Pío XII de Santiago de Compostela e o CEE Nosa Señora do Rosario da Coruña. Os carteis gañadores do alumnado pertencente a 3º e 4º ESO e bacharelato, foron o IES Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras, o Colexio Santo Ángel de Ourense e o IES Río Cabe, de Monforte de Lemos

Os carteis gañadores serán adaptados para ser utilizados pola Xunta de Galicia na conmemoración do Día Internacional da Muller, así como para outras accións de sensibilización e promoción da Igualdade. O concurso está financiado grazas ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

21 de febreiro de 2019 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.