publicidade hoxe

Trala aparición dun abrocho nun centro sanitario de Vigo, activouse o protocolo de actuación ante a sarna

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSucesosVigo
A-
A+

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia tivo coñecemento da aplicación das medidas contempladas no seu Protocolo de actuación en institucións con coidadores”, ante a aparición dun abrocho de escabiose ou sarna nun centro sanitario de Vigo en pasadas datas.

Entre estas medidas está a detección de novos casos que poideran xurdir no centro e o seu tratamento mediante a aplicación dunha crema en, polo menos, dous ciclos separados por unha semana.

Ademais, dito protocolo contempla o tratamento preventivo de usuarios e traballadores do centro. Este tratamento preventivo deben realizalo as persoas o mesmo día, e debería coincidir co momento no tempo en que cada caso reciba o segundo ciclo do seu tratamento, para que o control da potencial transmisión da enfermidade sexa efectiva.

Información sobre a escabiose

A Consellería de Sanidade lembra que a escabiose é unha enfermidade do pel, producida polo ácaro Sarcoptes scabiei (variedade hominis). A súa clínica máis habitual caracterízase, sobre todo, por un intenso prurito nocturno, causado polo aumento da actividade do ácaro ao aumentar o calor corporal. As lesións máis frecuentes son pápulas, vesículas e/ou sucos lineais diminutos, que nos anciáns poden pasar desapercibidas.

A enfermidade transmítese polo contacto directo pel con pel. Este contacto debe ser prolongado e sostido, polo menos 10 minutos. Tamén pode transmitirse a través da roupa de vestir, roupa de cama, toallas, etc, pero é infrecuente.

Comunicación e seguemento de Sanidade co centro

A Consellería de Sanidade, a través da súa Xefatura Territorial en Pontevedra, mantén comunicación co centro sanitario de Vigo para facer un seguimento da evolución desta incidencia puntual.

11 de febreiro de 2019 | 16:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.