publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Portos de Galicia e a confraría de Lourizán abordan posibles melloras para o futuro da accesibilidade portuaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedra
A-
A+

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, mantivo unha reunión de traballo estes días coa patroa maior da Confraría de Lourizán e presidenta, xunto co patrón maior de Pontevedra, da lonxa de Campelo. Durante este encontro, a patroa solicitou diversas melloras para o edificio da lonxa, tanto relativas á xestión de Portos de Galicia como a outros departamentos da Consellería do Mar.

Entre as súas peticións, a representante dos profesionais do mar de Lourizán propuxo posibles cambios normativos respecto ao uso do edificio e melloras de accesibilidade e planeamento portuario que serán analizadas polos servizos técnicos de Portos de Galicia. Tamén solicitou a construción dun almacén e garaxe para os tractores que traballan na actividade portuaria.

18 de febreiro de 2019 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.