publicidade hoxe

O xulgado de familia de Pontevedra conta con cadro de persoal completo e ten un reforzo permanente dende 2006

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraPontevedraPortada dereita
A-
A+

A Xunta informa que o Xulgado de Primeira Instancia nº 5 de Pontevedra, especializado en Dereito de Familia.de Familia, conta cun cadro de persoal completo e ten un reforzo permanente dende o ano 2006. Concretamente, conta con 2 xestores, 4 tramitadores e 1 auxilio, máis 1 tramitador de apoio.

No día de onte, chegou á Dirección Xeral de Xustiza, a petición da cobertura por substitución dun tramitador e a baixa laboral doutro tramitador, polo que a Xunta, como fai sempre, procedeu a seguir os trámites pertinentes e estas dúas baixas serán cubertas en breve.

Por outra banda, segundo informa a estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial, a entrada de asuntos neste xulgado no ano 2018 diminuíu, concretamente 254 asuntos menos, o que representa un 15% menos de entrada respecto de 2017.

Ademáis, este xulgado por levar temas de Dereito de Familia entrou no plan de recuperación do traballo por causa da folga en dúas fases, no mes de outubro e máis no de novembro, apuntándose voluntariamente 6 dos seus funcionarios e traballando polas tardes un total de 240 horas a maiores da súa xornada ordinaria.

De xeito que a pendencia de asuntos ao finalizar o ano 2018 e similar á pendencia que o xulgado tiña a finais do ano 2017, do que se infire que os efectos do retraso pola folga do pasado ano 2018 foron paliados polo esforzo de todos os traballadores que interviñeron no plan de recuperación.

1 de febreiro de 2019 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.