publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Nava Castro agradece ao Pazo de Santa Cruz de Ribadulla a súa contribución ao impulso da Ruta da Camelia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVedra
A-
A+

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe na localidade coruñesa de Vedra o Pazo de Santa Cruz de Ribadulla tras ser premiado pola Fundación Casas Históricas e Singulares de España. Trátase dunha distinción que recoñece o traballo de conservación dos seus xardíns, de gran diversidade e riqueza en flora ornamental, e o alto valor botánico e paisaxístico das especies que cultiva, de xeito especial das camelias.

Nava Castro puxo en valor o papel do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla como un dos mellores expoñentes da Ruta da Camelia, ao contar con máis de 200 variedades desta flor e cun salientable paseo de oliveiras. Este itinerario, que foi deseñado pola Consellería de Cultura e Turismo, percorre 12 xardíns e pazos galegos onde se pode gozar desta especie e do rico patrimonio dos espazos asociados, combinándoo coa enogastronomía, o turismo urbano ou o turismo cultural.

21 de febreiro de 2019 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.