publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Mos disporá este ano de 45.000 euros para o arranxo de camiños municipais grazas ás axudas de Medio Rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

O Concello de Mos recibirá este ano preto de 45.000 euros con cargo ao Plan de camiños municipais da Consellería do Medio Rural. Así o confirmou hoxe o director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, nunha visita ao municipio na que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Igancio López-Chaves, e a propia alcaldesa do municipio, Nidia Arévalo.

Tamén con cargo a este mesmo plan o ano pasado o Concello recibiu outra subvención polo mesmo importe. Naquel momento, o goberno local presentou un proxecto de mellora da seguridade viaria no camiño Quiringosta, parroquia de Sanguiñeda, e no 2017 destinou esta mesma achega aos camiños da Fábrica e de Sequeiros.

Ademais, durante a visita ao municipio os portavoces coñeceron o resultado das obras acometidas grazas ás axudas do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) de 2018, tamén da Consellería do Medio Rural. A través deste programa, o Goberno local de Mos puido mellorar a seguridade dos viarios de Cerdedelo, na parroquia de Torroso. En total a Consellería do Medio Rural leva investidos en só tres anos máis de 177.000 euros nos camiños deste municipio co obxectivo último de aumentar a mobilidade dos veciños e, polo tanto, mellorar a súa calidade de vida.

20 de febreiro de 2019 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.