publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente traballa nun documento sobre a normativa europea para dar unha segunda vida aos buques e embarcacións ao final da súa vida útil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraPortada esquerdaVigo
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a traballar nun documento de referencia sobre a distinta normativa europea, no que se recollan todos os compromisos, co fin de achegar información sobre obxectivos e dar unha segunda vida aos buques e embarcacións ao final da súa vida útil.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá as instalacións de Asime, onde destacou que este aproveitamento da regulación europea nesta materia é unha das medidas que se recolle no Plan de residuos industriais de Galicia, xunto con actuacións de fomento de prevención da xeración de residuos no sector industrial, a través de medidas que axuden ás empresas a ser máis respectuosas co medio ambiente.

Ángeles Vázquez salientou o papel de Asime, dado o seu número de socios -600-, na mellora da xestión dos residuos e na redución das emisións á atmosfera, é dicir, actuar en prol a tres valores fundamentais como a conciencia medio ambiental, a implicación e a acción, tres instrumentos imprescindibles na loita contra o cambio climático.

Explicou que son conceptos que cada vez son máis familiares e que se deben consolidar, para acadar unha sociedade que se caracterice pola economía baixa en carbono, a cultura da reciclaxe, a eco-innovación e a economía circular. En definitiva, converter os residuos en recursos e abrir un novo e amplo abano de oportunidades económicas que, ao mesmo tempo, fomenten a innovación e favorezan o emprendemento.

A conselleira recordou que o Goberno galego puxo en marcha o Plan de xestión de residuos industriais, que constitúe o marco de referencia na planificación e xestión dos residuos industriais de Galicia e incorpora as directrices que marca o Plan Estatal Marco de Residuos 2016-2022 (PEMAR). Unha ferramenta para reducir as 2,4 millóns de toneladas de residuos industriais que cada ano se producen en Galicia, dos cales son maioritarios os residuos de construción e demolición.

Por outra banda, destacou a Estratexia de Economía Circular, en proceso de redacción, que busca fomentar a eficiencia enerxética e a optimización dos recursos, así como a conversión dos residuos en novas materias primas co fin de prolongar o ciclo vital dos produtos. Nese sentido, invitou aos membros de Asime, como figura clave no sector metalúrxico, a participar na mesma e seguir traballando no obxectivo de acadar e conseguir un mundo máis sostible.

18 de febreiro de 2019 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.