publicidade hoxe

Francisco Conde resalta o esforzo para que a Marca Galicia se consolide a nivel internacional como sinónimo de confianza e estabilidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Francisco Conde na presentación do informe

Francisco Conde na presentación do informe

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe na presentación do informe Retos e perspectivas de investimento en Galicia para 2019 da consultora BDO o esforzo da Xunta por apoiar desde o plano institucional que a Marca Galicia se consolide a nivel internacional como sinónimo de compromiso, confianza e estabilidade, favorecendo así o crecemento económico, a creación de emprego e o emprendemento.

O conselleiro, que sinalou que Galicia medra a un ritmo dun 2,6% anual, e lixeiramente por riba do resto de España, apuntou que a estabilidade que achega a Comunidade se traduce en investimentos, facendo referencia no eido industrial aos proxectos que está desenvolvendo PSA para os novos modelos e a fábrica intelixente e da nova planta de Benteler en Mos, ou o centro de fibra óptica de Televés. No ámbito agroalimentario, apuntou que se están desenvolvendo investimentos por máis de 500 millóns de euros, con iniciativas na provincia da Coruña como as de Inleit ou Dairylac, e no sector forestal, con proxectos como a planta de Greenalia en Curtis.

Do mesmo xeito, Conde apuntou que o informe que hoxe se presenta sinala que a automoción é un dos sectores da economía galega que máis atrae aos investidores pola súa gran capacidade de exportación e a especialización das súas empresas. O estudo, tal e como sinalou o conselleiro, reflicte ademais como Galicia logrou posicionarse en internacionalización, calidade e innovación, o que a converte nun punto de investimento de referencia en España.

Neste ámbito, apuntou que a Xunta busca crear un clima apto para o emprendemento, con medidas como a Lei de implantación empresarial, que busca reducir as trabas administrativas e as cargas fiscais, e que fai que hoxe investir en Galicia sexa máis fácil que nunca. Ademais, lembrou que, para achegar as máximas facilidades ao investimento, este trimestre estase apoiando con máis de 100 millóns de euros o traballo das empresas, emprendedores e autónomos galegos para que poidan gañar en tamaño e competitividade

13 de febreiro de 2019 | 16:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.