publicidade hoxe

Convócanse 15 novos permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría de Moaña e 10 na de Raxó

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaMoañaPortada dereita
A-
A+

A Consellería do Mar convoca 15 novos permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría de pescadores de Moaña e 10 na de Raxó, no concello de Poio. Para poder optar a eles, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos exixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira e presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar.

Os interesados poderán consultar as convocatorias na páxina web da Consellería, a de Moaña neste enlace e a de Raxó neste outro. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, tras a publicación destas convocatorias no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería.

As solicitudes e a documentación acreditativa deberán presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Tamén se poderán presentar en papel nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración. As solicitudes serán estudadas e baremadas, segundo recolle a Resolución do 12 de novembro de 2013 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pola que se aproba o baremo para obter o permiso de explotación para o marisqueo a pé.

Cabe lembrar que todas as prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socieconómicos.

18 de febreiro de 2019 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.