publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Activo un incendio forestal na parroquia de Castromil, no concello ourensán da Mezquita

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA MezquitaLocal PortadaOurensePortada dereitaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal activo no concello ourensán da Mezquita, parroquia de Castromil.

O incendio iniciouse ás 14,50 h. deste mediodía e, segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. Para o control deste incendio mobilizáronse 2 axentes, 2 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

26 de febreiro de 2019 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.