publicidade hoxe

A Xunta salienta a adopción de medidas de prevención e limpeza de arrastres nas obras do terceiro treito da autovía do Morrazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, destacou hoxe no Parlamento de Galicia que os traballos de desdobramento do treito III do corredor do Morrazo non modificaron as concas nin incrementaron os caudais que discorren polas obras de drenaxe, e que se teñen adoptado importantes medidas ambientais de prevención e corrección de arrastres.

Concretou que os problemas existentes se viron agravados pola construción de edificacións e recheos en zonas de leitos naturais alleos ás obras. Precisou que se están a producir arrastres procedentes do circuíto de motocross municipal da Xesteira e debe ser o Concello o que adopte medidas.

O Goberno galego mantén un protocolo consistente na implantación de balsas de decantación, colocación de filtros de grava e barreiras de palla e a limpeza periódica destes elementos e a súa reparación ou substitución se están danados.

Tamén se vén levando a cabo o recubrimento de gabias onde é posible. En zonas como o vertedoiro no enlace de Meira, debido ao volume importante de recheo a realizar, dispuxéronse balsas de decantación en serie e executáronse leitos de grava.

Menéndez subliñou que o Goberno galego atendeu as reclamacións de veciños, comunidades de montes e concellos, repoñendo e mesmo mellorando conducións de traídas veciñais, pozos, e deixando os camiños de servizo cun mellor firme que ao inicio das obras. Estes traballos ascenderon a 460.000 euros, entre os treitos 1 e 2 do proxecto.

7 de febreiro de 2019 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.