publicidade hoxe

A Xunta inviste 200.000 euros na mellora do abastecemento e saneamento de Vilalba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilalba
A-
A+

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitaron hoxe en Vilalba, acompañados do alcalde, Agustín Baamonde, o resultado das obras de mellora da rede de saneamento e abastecemento nas que o Goberno galego investiu máis de 200.000 euros.

Os traballos realizáronse nas rúas de San Roque e Conde Pallares e consistiron fundamentalmente en mellorar o abastecemento e as canalización das augas residuais. Na rúa de San Roque construíuse un novo colector, cos seus correspondentes pozos de rexistro e acometidas domiciliarias. Na rúa Conde Pallares tamén se instalou unha nova canalización, así como acometidas domiciliarias.

Estas obras financiáronse con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, na liña de concorrencia non competitiva. A súa convocatoria para este ano publicouse o pasado 31 de decembro no Diario Oficial de Galicia e está dotada nesta convocatoria con 11 millóns de euros para toda Galicia. O mesmo día publicouse a Orde de infraestruturas de uso público, tamén destinada a concellos, e que conta cun orzamento de 3 millóns de euros, un 30% máis que no exercicio anterior.

13 de febreiro de 2019 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.