publicidade hoxe

A Xunta destina 46 millóns de euros aos concellos da provincia da Coruña co fondo de cooperación local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e o delegado territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, visitaron esta mañá o concello de Arteixo, onde Marta Fernández-Tapias indicou que este ano os 93 concellos da provincia de A Coruña reciben 46,3 millóns de euros das arcas autonómicas.

Marta Fernández- Tapias e Ovidio Rodeiro participaron esta mañá, nun encontro de traballo con alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, no que a directora xeral trasladoulle que este concello recibirá este ano, mais de 1 millón de euros do Fondo de Cooperación Local. Unha partida que se reparte entre todos os concellos da comarca seguindo uns criterios obxectivos pactados coa Federación Galega de Municipios e Provincias.

A directora xeral de Administración Local informou que estes fondos reparten entre os concellos galegos 128,7 millóns de euros, o que supón un 3,1 millóns de euros máis nos fondos adicionais neste exercicios. Estes fondos da Xunta respectan a autonomía dos concellos, se xestionan a través da Lei Xeral de Contratos e as tramitan os propios concellos, coa súa propia plataforma de contratación.

O delegado territorial informou que estas axudas destinadas ás entidades locais se sitúan entre os ingresos máis importantes que reciben os concellos para o seu funcionamento, xunto cos ingresos do Estado e o IBI, para garantir o funcionamento dos servizos públicos e para poder facer obras. Os fondos previstos para o 2018 xa están, neste momento, pagados e liquidados.

19 de febreiro de 2019 | 16:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.