publicidade hoxe

A Xunta destina 418.000 euros ao concello de Padrón grazas ao Fondo de cooperación local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPadrón
A-
A+

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, mantiveron esta mañá un encontro de traballo co alcalde de Padrón, Antonio Fernández, onde Marta Fernández- Tapias trasladoulle que o concello recibirá este ano, máis de 418.000 euros do Fondo de Cooperación Local.

A directora xeral de Administración Local, indicou que en total, os 93 concellos da provincia da Coruña reciben mais de 46 millóns de euros do Fondo de Cooperación Local, que se reparte seguindo uns criterios obxectivos pactados coa Federación Galega de Municipios e Provincias, respectan a autonomía dos concellos, se xestionan a través da Lei Xeral de Contratos e as tramitan os propios concellos, coa súa propia plataforma de contratación.

O delegado territorial informou que a comarca de Santiago de Compostela recibirá en total 11,8M€ destes fondos. Segundo indicou, nesta comarca os concellos de Arzúa, Ames, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Brión, Dodro, Frades, Melide, Negreira, Ordes, Oroso, Padrón, O Pino, Rois, Santa Comba, Santiso, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra reciben estas axudas.

En total, o Fondo de Cooperación Local repartirá este ano entre os concellos galegos 128,7 millóns de euros, o que supón un 3,1 millóns de euros máis nos fondos adicionais neste exercicio.

25 de febreiro de 2019 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.