publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta destina 113.000 euros á mellora de pluviais e servizos básicos no concello de Oza-Cesuras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOza/Cesuras
A-
A+

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández- Tapias e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitaron esta mañá as obras levadas a cabo no concello ao abeiro das axudas da Vicepresidencia, acompañados do alcalde da localidade, Pablo González.

Segundo indicou Marta Fernández-Tapias, o concello recibiu por unha banda, unha achega de máis de 84.000 euros para a implantación de pluviais nos lugares de Santa Cruz e Vilar de Costoia nas parroquias de Mondoi e Porzomillos. Por outra banda, ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público levaron a cabo un plan de mellora de servizos básicos municipais nas redes de luz pública grazas a unha axuda de 29.000 euros.

A Orde de infraestruturas de uso público conta para este ano cun orzamento de 3 millóns de euros, un 30 por cento máis que no exercicio anterior. A convocatoria publicouse o pasado 31 de decembro no Diario Oficial de Galicia, xunto coa liña de axudas do Fondo de Compensación Ambiental, dirixida tamén a entidades locais e dotada con 11 millóns de euros.

6 de febreiro de 2019 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.