publicidade hoxe

A Xunta adxudica por 420.000 euros as obras da 2ª fase de mellora da seguridade viaria na estrada PO-531, na Devesa, no concello de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedra
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar por máis de 420.000 euros as obras da 2ª fase de acondicionamento e mellora da seguridade viaria da estrada autonómica PO-531, na Devesa, no concello de Pontevedra.

As actuacións serán acometidas pola empresa construtora Marconsa S.L., e o inicio das obras nesta estrada que comunica Pontevedra con Vilagarcía, entre os puntos quilométricos 6+500 e 7+250, está previsto para antes do verán.

Esta intervención avanza na mellora da seguridade da estrada PO-531 e atende á solicitude realizada por veciños e usuarios da súa contorna, dando continuidade as obras que o departamento de Infraestruturas da Xunta acometeu no 2017, de reordenación e mellora coa execución dunha glorieta no acceso ao polígono de Sequeiros, no concello de Barro.

O obxectivo principal deste nova actuación é acadar a redución da velocidade de circulación e define a execución dunha glorieta de 44 metros de diámetro no punto quilométrico 7+150 da PO-531, situado á saída do núcleo da Devesa, coa que se reducirá de xeito significativo a elevada velocidade actual da circulación na contorna e se facilitarán os xiros en condicións seguras.

Na glorieta entroncarase un ramal de novo trazado, que se conectará coa vía principal deste núcleo e que permitirá eliminar o carril central para realizar o xiro á esquerda da intersección do punto quilométrico 6+620.

Esta actuación compleméntase coa rehabilitación do firme no tramo, a execución das obras necesarias para a drenaxe transversal e lonxitudinal e a reposición da sinalización e das barreiras necesarias.

Proxecto Concello de Barro

Tamén na estrada PO-531 autonómica a Xunta está a piques de rematar a reformulación do proxecto para actuar noutro treito que descorre polo municipio de Barro, que tivo que refacerse practicamente na súa totalidade para atender novas peticións do concello e os veciños de Barro.

Entre as actuacións definidas no novo proxecto está prevista a execución dunha glorieta no punto quilométrico 9+020, intersección coa estrada provincial EP-0508. Trátase dunha glorieta esviada porque a estrada conta con edificacións e varios negocios na marxes esquerda; para dar acceso a estas edificacións executarase una vía de servizo nesta marxe. Tamén se executará o paso inferior no punto quilométrico 9+350 e acondicionarán as paradas de bus existentes.

26 de febreiro de 2019 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.