publicidade hoxe

A produción industrial pecha 2018 cun incremento do 4,9%

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

Galicia pechou o ano pasado cun incremento da produción industrial do 4,9%, o que a sitúa como a segunda Comunidade na que máis medra este índice e ratifica o destacado papel deste sector na recuperación económica galega.

O crecemento do Índice de Produción Industrial (IPI) de Galicia en 2018 é o maior rexistrado nun ano desde 2007 e, ademais, a Comunidade encadea catro subas consecutivas desde 2015. Por sectores, destacan os incrementos na produción de enerxía eléctrica (11,1%), a fabricación doutro material de transporte (77,8%) e a industria da alimentación, que sobe un 3,7%.

Esta tendencia no crecemento industrial completouse durante o ano pasado cun incremento das exportacións do 7,2% ata novembro de 2018; unha mellora do sector no mercado laboral xa que o paro industrial descendeu en máis dun 10% a peche de 2018 con respecto a decembro de 2017 mentres que as afiliacións subiron máis dun 14% (máis de 2 puntos por riba da media do Estado). Ademais, Galicia é a Comunidade na que máis se incrementaron os salarios neste sector (o 5%).

O Goberno galego está apoiando o incremento da produción industrial a través da Axenda Industria 4.0, que ten entre os seus obxectivos para o ano 2020 que o peso da industria creza no PIB galego; así como a través da Lei de implantación empresarial que busca facer de Galicia unha terra de oportunidades favorecendo os investimentos empresariais na Comunidade con medidas que ofrecen máis simplificación administrativa, máis incentivos e máis facilidades para o acceso ao solo.

7 de febreiro de 2019 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.