publicidade hoxe

A Festa da Arribada de Baiona contará cun punto de información contra a violencia sexual

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Susana López Abella na presentación da iniciativa

Susana López Abella na presentación da iniciativa

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, anunciaron hoxe que a Festa da Arribada, que se celebrará entre o 1 e o 3 de marzo, contará cun punto de información contra a violencia sexual.

O posto estará situado no paseo de Elduayen e contará con cartelería e outro material de divulgación e sensibilización. Estará atendido por 4 educadores, que estarán presentes entre as 20 horas e as 3 da madrugada. Tamén contará con servizo de atención psicolóxica.

Esta actividade está enmarcada no acordo recentemente firmado entre a Vicepresidencia e a Axencia de Turismo de Galicia, e que ten como obxectivo difundir a campaña Agresión Off. Eu digo non á violencia sexual tanto nas festas de interese turístico galego, nacional e internacional, como nos festivais acollidos á marca Festgalicia.

Este acordo forma parte das medidas postas en marcha ao abeiro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, unha ferramenta de gran relevancia para loitar contra esta lacra e que aposta pola coordinación, colaboración e cooperación de todas as institucións e pola sensibilización do conxunto da sociedade.

20 de febreiro de 2019 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.