publicidade hoxe

O goberno galego entrega equipamento aos grupos de emerxencias e ás Agrupacións de Protección Civil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Xunta continúa reforzando e dotando de máis equipamento ás Agrupacións de Protección Civil galegas e aos grupos de emerxencias e supramunicipais (GES), coa entrega esta mañá por parte do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, de 7 pick-ups, 7 remolques de emerxencias, 3 motos de auga e 2 equipos de excarceración, seguindo así coa folla de ruta iniciada para dar unha mellora resposta ante as emerxencias en calquera punto da nosa comunidade. Á entrega tamén asistiron o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.

No acto de entrega de hoxe, asistiron tanto alcaldes como representantes das corporacións municipais de Cerceda, Abegondo, Oleiros, Teo, Ames, Negreira, Cabanas, Ares, Ortigueira, Mugardos, A Pobra do Caramiñal, Lousame, Outes, Mazaricos, Muros, Vimianzo, Corcubión e Ponteceso.

Esta entrega da continuación ao camiño iniciado nos últimos anos de dotar de máis material e equipamento de emerxencias ás Agrupacións de Protección Civil aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais. que co seu esforzo e dedicación contribúen decisivamente a ofrecer un mellor servizo aos cidadáns, dotándoos tamén de maior seguridade. Coa entrega de hoxe, o Goberno galego levou a cabo unha inversión que supera o millón de euros, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

16 de xaneiro de 2019 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.