publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O DOG publica o inicio das expropiacións necesarias para prolongar a Vía Ártabra ata a AP-9

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCambreLocal PortadaOleirosPortada dereitaSada
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o Decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para a continuación da Vía Ártabra ata a autoestrada AP-9.

O orzamento das expropiacións para o desenvolvemento da totalidade do proxecto de prolongación da Vía Ártabra é de máis de 1,5 millóns de euros, que se destinarán ao pagamento das 369 fincas necesarias, nos Concellos de Sada, Cambre e Oleiros.

No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a esta publicación de hoxe: https://bit.ly/2HkJ7yZ

Coa publicación hoxe deste decreto dáse o derradeiro impulso para licitar a contratación das obras da 1ª fase da prolongación da Vía Ártabra, tras ter aprobado o proxecto de construción da prolongación da Vía Ártabra ata a autoestrada AP-9 polo executivo autonómico en Consello da Xunta, mentres o Ministerio de Fomento non resolve a autorización da conexión coa autoestrada do Atlántico.

Cabe sinalar que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade investirá máis de 35 millóns de euros nesta actuación, que se acometerá en dúas fases. Na primeira fase executarase entre o enlace da N-VI e a estrada autonómica AC-221, San Pedro de Nós- Mabegondo, e está previsto iniciarse no 1º semestre do 2019. E a segunda, entre esta última vía e a autoestrada AP-9, que requirirá da autorización do Ministerio de Fomento.

A intervención nesta 1ª fase de prolongación da Vía Ártabra esténdese ao longo de case 4 quilómetros e engloba a execución dun enlace de conexión coa N-VI, un tronco desde esa estrada nacional ata a AP-9, unha conexión coa AC-221, que inclúe o ramal de conexión co polígono do Espírito Santo, e un enlace coa AP-9.

Para o Goberno galego a prolongación da Vía Ártabra é unha actuación estratéxica que fai posible completar o treito da estrada xa en servizo entre O Castelo e a NV-I, e permite articular unha vía para mellorar o acceso de entrada á Coruña a través da N-VI, AP-9 e A-6.

18 de xaneiro de 2019 | 12:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.