publicidade hoxe

O DOG publica a revisión cartográfica e documental da parcelaria de Maceda-Orois, no concello de Melide

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMelidePortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe un anuncio da Consellería do Medio Rural coa resolución relativa á revisión cartográfica e documental do acordo de concentración parcelaria da zona de Maceda-Orois, en Melide (A Coruña).

A consellería ditou resolución para, previa a revisión cartográfica e documental do acordo firme, obter a coordinación entre os datos gráficos e alfanuméricos dos diversos predios resultantes deste proceso, a fin de poder levar a cabo a inscrición no rexistro dos títulos de propiedade de todos os terreos de reemprazo.

Esta resolución é consecuencia da entrada en vigor da reforma das leis hipotecaria e do catastro inmobiliario, que introduce unha serie de modificacións polas que non se podía efectuar a inscrición rexistral dos títulos de propiedade da zona tal e como figuraban, de aí a necesidade da súa revisión.

A inscrición no rexistro sería o derradeiro trámite da zona de concentración parcelaria de Maceda-Orois, que conta cunha superficie de 1.087 hectáreas, distribuídas en 1.004 terreos de reemprazo pertencentes a un total de 436 propietarios.

29 de xaneiro de 2019 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.