publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O 061 de Galicia asistiu a 75 persoas por 56 accidentes de circulación na fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 75 persoas debido a 56 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 11 de xaneiro ata as 23:59 horas do domingo, 13 de xaneiro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 27 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 59 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 56 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 75 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 69 % e do 31 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 32 % dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 32 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

A Coruña: 16
Lugo: 4
Ourense: 4
Pontevedra: 32
Total Galicia: 56

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 72. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en catro accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 58 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en tres ocasións.

En 64 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

14 de xaneiro de 2019 | 16:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.