publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Nava Castro agradece a aposta do sector por especializar o destino galego en mercados en alza como o turismo de mascotas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO GrovePontevedraPortada dereita
A-
A+
Nava Castro na visita ao hotel Cons da Garda

Nava Castro na visita ao hotel Cons da Garda

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe no Grove o hotel Cons da Garda recentemente distinguido nos premios do turoperador TravelGuau como o mellor establecemento de España para viaxar con animais. Este recoñecemento tamén o obtivo a localidade do Grove, que se situou como o segundo destino mellor adaptado a este tipo de viaxeiros.

Durante a visita, Nava Castro puxo de manifesto o agradecemento da Consellería de Cultura e Turismo aos profesionais do sector por contribuír a especializar o destino galego en mercados en alza como o turismo de mascotas. Conscientes de que as persoas que viaxan acompañadas de animais son desde fai algúns anos un perfil de turista que marca tendencia e, en moitos casos, pode condicionar a elección do destino e aloxamento, a Estratexia de Turismo de Galicia 2020 ten este tipo de viaxeiro moi en conta.

A folla de ruta do turismo galego dedica ao completo unha das súas 11 liñas a levar a cabo accións que axuden a diferenciar o destino incluíndo o apoio á posta en marcha de iniciativas e produtos para diferentes públicos obxectivo. Neste sentido, identifica como unha oportunidade na que poder traballar tanto o mercado sénior como o dos millenials, tamén o turismo familiar e os single, entre outros, pero tamén identifica os viaxeiros con mascotas como un segmento turístico en alza.

Unha oportunidade para diferenciar o destino

A Xunta de Galicia anima ao sector galego a continuar traballando na especialización da oferta aproveitando as oportunidades que brindan segmentos como este ao permitirlles medrar e ampliar os seus servizos e mellorar a súa competitividade. O recoñecemento a establecementos como o Hotel Cons da Garda e a destinos como O Grove contribúen a reforzar a imaxe de Galicia como destino que aposta pola diferenciación e se adapta ás novas tendencias turísticas.

Na súa valoración, o turoperador TravelGuau recoñeceu o traballo deste establecemento, que leva traballando no turismo de mascotas desde os anos 90. Ofrece unha carta de tratamentos aos animais de compañía, adestramento canino e mesmo servizo de perruquería. Ademais, é ben coñecido nas redes sociais como establecemento de referencia para mascotas en toda España.

17 de xaneiro de 2019 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.