publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta urxe ao Ministerio de Fomento a corrixir de forma inmediata os sobreprezos nas peaxes da autoestrada Santiago-Lalín

A Xunta de Galicia urxe ao Ministerio de Fomento a corrixir de forma inmediata os sobreprezos que se están a cobrar nas paxes da autoestrada Santiago-Lalín. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, informou de que onte mesmo se dirixiu ao Ministerio de Fomento para demandar que actúe coa máxima celeridade para solucionar esa situación, solicitude que foi reiterada no día de hoxe e na que se pediu tamén a intervención do delegado do Goberno en Galicia.

Para a conselleira que os usuarios da autoestrada de titularidade estatal AP-53 estean a pagar sobreprezos nos percorridos entre Lalín e Silleda é unha situación “intolerable” polo que considera que o Ministerio de Fomento, ademais de arranxalo, debe dar explicacións aos usuarios.

Vázquez Mourelle explicou que cando se coñeceron as denuncias dos usuarios a través dos medios de comunicación, persoal da Consellería de Infraestruturas se desprazou á zona e puido acreditar que, efectivamente, nos percorridos entre Lalín e Silleda se está a cobrar unha peaxe de 3,60€, cando o custo estipulado para ese percorrido e de 2,45€.

En declaracións aos medios, a conselleira sinalou que resulta sorprendente que tivese que ser a Xunta de Galicia a primeira Administración en desprazarse para comprobar esa situación, en lugar de facelo o Ministerio de Fomento que é a administración titular desa autoestrada. De feito, subliñou, a resposta do Goberno de España á Xunta foi solicitarlle documentación acreditativa de que se estaba a producir ese sobrecusto nos percorridos entre Lalín e Silleda.

8 de xaneiro de 2019 | 19:28 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario