publicidade hoxe

A Xunta requisa 240 quilos de ameixa, unha canoa, unha embarcación neumática e unha táboa de surf nun operativo contra o furtivismo en Lourizán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPontevedraPontevedraPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, en colaboración con axentes da Policía Autonómica e gardapescas das confrarías de Pontevedra e Lourizán, requisaron preto de 240 quilos de mestura de ameixa babosa e xapónica, unha canoa, unha embarcación neumática e unha táboa de surf no marco dun operativo realizado na madrugada de onte en Lourizán (Pontevedra).

A mercadoría requisada pertencía a unhas oito persoas que estaban faenando de xeito ilegal nas autorizacións da confraría de Lourizán e que fuxiron. No marco deste control os axentes tamén incautaron sete ganchas que atoparon posteriormente na escollera do río Lérez. A Consellería do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide ao consumidor que non compre produto fóra das vías legais de comercialización.

23 de xaneiro de 2019 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.